• Síguenos:

Galicia, sen máis! 

A galeguidade é un sentimento e ser galego un orgullo. Penso que a maioría nos identificamos con esta idea, sen engadirlle outro tipo de connotación. Hoxe, 25 de xullo, é o día da nosa Galicia, da nosa esencia, da nosa cultura, do noso xeito de ser, eludindo a derivación política que algúns lle queren dar. Simplemente, dicir que están errados, unha vez máis, os que queren facer da festa do 25 de xullo un acontecemento nacionalista-separatista. Alá eles.

Que nos vén á mente cando pensamos na nosa terra? Persoalmente, ao ser do interior, o primeiro pensamento que teño é o verde de Galicia. Pero ó certo é que temos todo o necesario para sentirnos orgullosos de onde nacemos. A nosa paisaxe é incomparable, a nosa gastronomía é dunha calidade excepcional. As nosas rías, as nosas praias de area branca mesturadas co azul cristalino das nosas augas, na costa e tamén nos ríos. A tranqulidade e a xenerosidade da nosa xente, a nosa envexábel calidade de vida. As festas nas que sentimos a calor de amigos e veciños.

Vivimos nun paraiso que non valoramos abondo. Por iso, Galicia non debe e non pode perder o tren do progreso. E cómpre que suba ao vagón conservando sempre as súas singularidades, o seu galeguismo.

Ainda non logramos un cambio no tecido produtivo que posibilite que a xeración mellor formada da nosa historia non teña que marchar por falta de expectativas laborais.

A Administración autonómica tampouco soubo frear a preocupante sangría demográfica que nos leva cara unha Galicia sen galegos que a habiten. Abonda con comprobar os centos de vilas e aldeas que quedaron baleiras e os miles de núcleos rurais que só teñen entre un e tres habitantes, segundo o Instituto Galego de Estatística. O avellentamento da poboación, o éxodo rural e un tipo de organización dispersa do territorio contribuiron a unha Galicia interior desértica. Tamén un sector agrogandeiro no seu peor momento en décadas, unha industria deslocalizada que ainda hoxe carente de infraestruturas loxísticas axeitadas.

Hoxe quixera poñer en valor á industria agroalimentaria galega. Cómpre que contribúa decisivamente á dinamización do medio rural, á súa sustentabilidade e mellora, e a creación de emprego. Deste xeito, devirá nun sector estratéxico da nosa economía e desenvolvemento rural.

Dende fai xa algún tempo, as nosas empresas compiten nun mundo onde non abonda con ser eficiente. O novo escenario ten moita oferta para tan pouca demanda. O cliente manda e chegou o momento de facer o que os outros competidores non fan, o momento de que cada empresa busque a súa posición única no mercado. É o momento de potenciar a innovación.

O investimento en I D I e o cambio tecnolóxico foron cobrando importancia ano tras ano nas políticas económicas dos países e nas decisións estratéxicas das diferentes compañías. A innovación é un elemento de competitividade fundamental: a calidade, a seguridade e a trazabilidade dos produtos son clave. O proceso de innovación considéranse o principal motor do crecemento económico nos países avanzados.

Son moitos os retos que nos agardan. Desafíos que nos farán reflexionar sobre quen son as persoas axeitadas para afrontalos. Este é o escenario económico, social e demográfico que deben encarar as persoas que queirar puxar con forza, constancia e habilidade do noso paraíso na terra, Galicia.

Benito Iglesias é presidente da Federación Galega de Empresas Inmobiliarias

Benito Iglesias

Enviaremos un mensaje al correo indicado con el enlace que deberás clicar para completar el alta. No recibirás ningún boletín hasta entonces. Política de privacidad