El río Miño a su paso por Ourense.

Ourense é tamén Galicia

stop

A provincia de Ourense, unha das máis castigadas pola crise demográfica e a falta de oportunidades para a xente nova, reivindica o seu papel en Galicia

Ourense, 24 de julio de 2017 (20:42 CET)

Pois sí, aínda que moitas veces non o pareza, así o manifesto en vésperas do día máis grande da nosa terra. Ourense tamén é Galicia, aínda que a maioría dos investimentos e recursos económicos vaian a outras provincias; aínda que só se lembren de nós en época electoral para mendigar uns votos que lles permitan a uns cantos seguir vivindo da sopa boba a conta de todos. E a miña primeira reflexión e pregunta é, pero onde está a nosa autoestima e cal é o nivel da nosa capacidade de aguante?

Nunca fun conformista senón todo o contrario, e sempre loitei por forxar os meus propios soños para convertelos en realidade, como persoa emprendedora que fun e son. Por isto mesmo, e porque os meus tíos e curmáns levan en Sao Paulo desde hai máis de 50 anos, coñezo perfectamente o espírito de loita dos ourensáns cando teñen que buscarse a vida, en todos os parámetros da frase; cando por causas de falta de traballo e oportunidades teñen que emigrar a outras comunidades ou países, e triunfan. Por iso non entendo por que cando estamos na nosa contorna de orixe, o nivel de conformismo e de resignación sobe a máximos e nin sequera nos atrevemos a manifestar o que realmente pensamos polo "que dirán". Se nós non somos capaces de loitar polo noso futuro e polo dos nosos fillos, ninguén o vai facer.

O nivel de conformismo e resignación sobe a máximos cando os galegos estamos na nosa contorna

Mañá é o día de Galicia, da nosa terra, de todos. Sentirse galego é un sentimento e ser galego un orgullo e se equivocan, unha vez máis, os que queren facer ver a festividade do 25 de xullo como un evento nacionalista-separatista, alá eles.

Vivimos nun paraíso que en moitas ocasións non valoramos na súa debida forma. Por todo isto e moito máis Galicia y en concreto Ourense non pode, non debe perder o tren do progreso, pero conservando sempre as nosas particularidades e a nosa galeguidade. E digo isto porque non houbo un cambio de tecido produtivo que evite que a xeración mellor formada da nosa historia teña que irse novamente ante a falta de perspectivas laborais.

Tampouco a Administración autonómica soubo frear a moi preocupante sangría demográfica. Sirva como exemplo os centos de pobos sen habitantes na nosa Galicia e os miles de núcleos rurais que só teñen entre un e tres habitantes. O envellecemento poboacional, o éxodo rural e un tipo de organización dispersa do territorio contribuíron a unha Galicia do interior semidesértica de habitantes. Un sector agrogandeiro no seu peor momento en décadas, por non falar dunha industria, parcialmente deslocalizada al norte de Portugal, e carente aínda a día de hoxe dunhas infraestruturas loxísticas adecuadas,e seguimos sin reaccionar .

Perspectivas de futuro

E todo iso cun Goberno que só revalorizará as pensións o mínimo legal, o 0,25%, polo menos ata o próximo ano 2022. E de cumprirse esta previsión, un xubilado medio actual perdería máis de 2.000 euros de poder adquisitivo desde agora e nos próximos 3 anos. E lembrando que as pensións en Ourense, as máis baixas de todo o estado, son aínda así o principal ingreso para decenas de miles de fogares ourensáns.

Moitos e vitais retos que afrontar. Retos que nos deben facer reflexionar quen son as persoas adecuadas para afrontalos. Este é o escenario económico, social e demográfico ao que se deben enfrontar aquelas persoas que queiran tirar con forza, constancia e habilidade do noso futuro próximo.

Suscribir a boletines

Al suscribirte confirmas nuestra política de privacidad